Notas
-
A UDC puxo en marcha o "Portal da investigación da UDC", un novo sitio web onde se pode consultar toda a produción científica e as métricas dos seus centros singulares, grupos de investigación e persoas investigadoras mediante unha interface de fácil uso. O obxectivo do portal é mellorar a visibilidade e a transparencia da actividade investigadora da UDC.
-
Crear un espazo distendido de intercambio de ideas no que discutir a ciencia cunha mente aberta. Este é un dos principais obxectivos cos que o catedrático e investigador do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, Luis Liz Marzán pon en marcha a terceira edición de The Thinking Institute, un encontro internacional que contará coa presenza de especialistas de primeiro nivel nos eidos da nanociencia, a nanomedicina ou a nanoquímica.
-
O IGFAE cumpre 25 anos convertido nun centro de referencia internacional na física de altas enerxíasO 27 de maio de 1999, dúas décadas despois de que se iniciasen na Universidade de Santiago de Compostela as primeiras actividades no campo de física de altas enerxías, a propia USC e a Xunta de Galicia asinaron o convenio de creación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). En 2024, conmemora o seu 25 aniversario convertido xa nun centro de referencia internacional na física de altas enerxías, astropartículas e física nuclear.
-
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) vén de ser recoñecido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia co Premio Especial da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024 pola organización da ECAI 2024 (European Conference on Artificial Intelligence), un dos eventos máis importantes do mundo en intelixencia artificial que se celebrará en Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2024, convertendo a cidade e Galicia nas capitais mundiais da IA.
-
Ademais de seren ferramentas para o entretemento e as relacións persoais, as redes sociais téñense consolidaron dende hai anos como mecanismos eficientes de comunicación institucional, e as universidades non son alleas a este fenómeno. En paralelo ás oficinas de prensa e de imaxe, case todas as universidades contan na actualidade con xestores de redes sociais institucionais que, dende o ano pasado teñen un punto de encontro do simposio Rederas.
-
Sadisir: Sistema de Automatización da Diagnose a partir de Signos Radiolóxicos. Este é o nome dunha ferramenta creada por persoal investigador da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense que, mediante a combinación de técnicas de intelixencia artificial e modelos de aprendizaxe automática, infire automaticamente a ou as diagnoses médicas máis probables a partir dos signos presentes nunha imaxe de raios X.
-
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
-
O cancro anaplásico de tiroide, un dos máis agresivos e devastadores, actualmente ofrece poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5%. Non obstante, un novo estudo abre a porta cara a unha terapia innovadora. A investigación foi realizada por persoal investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular (CIMUS) e do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ambos os dous pertencentes á USC e ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia (IDIS).
-
A Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña acolle o 'I Foro Transnacional. Arquitecturas do Mar e a súa Paisaxe Asociada', que supón o lanzamento do proxecto europeo SEALabHaus, no que arquitectos galegos e doutras rexións do arco atlántico español peninsular presentarán boas prácticas de rehabilitación, adecuación e intervencións, tanto en construcións litorais como na paisaxe asociada a elas.
-
A resolución de problemas asociados á alta xeración de residuos agrícolas e forestais, que se acumulan cada vez en maior medida debido ao abandono do medio rural e que causan unha gran cantidade de incendios. Con este obxectivo lanzouse na Facultade de Ciencias do campus de Ourense o proxecto europeo Valorización integral de residuos agroforestais: novas biorrefinerías multiproduto escalables (Newpower). Liderado desde a Universidade de Vigo e cun orzamento total de 1,3 millóns de euros, aúna once socios de Portugal, Francia e España.