11767 empresas en nuestra base de datos  -   
Buscador
DIRECTORIO  
ALTA DE EMPRESAS  
BAJA DE EMPRESAS  
MODIFICA EMPRESA  
ANUNCIOS B2B  
noticias 
notas de prensa 
camaras de com. 
conf. de emp. 
of. de servicios 
reg. de la propiedad 
reg. mercantil 
comercio exterior 
aduanas 
agencias comercio 
cámaras comercio 
oficinas comercio 
asociaciones 
colegios prof. 
profesionales 
empresariales 
sindicales 
cofradías pesca 
empleo 
empleo galicia  
calendario fiscal  
calendario laboral  
documentación  

Internet Galicia

Servicios, aplicaciones y desarrollos de Internet

GaliciaDigital



  | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z 
Notas remitidas

A Xunta confirma o seu obxectivo de manter os 2.000 empregos de Alcoa

Feijóo reitera o seu compromiso por manter os 2.000 postos de traballo de Alcoa, que sitúa como “unha industria clave para Galicia e para España” e “unha das mellores factorías de alúmina-aluminio do mundo” que xera o 30% do PIB de Lugo.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou o apoio do Goberno galego á fábrica Alcoa-San Ciprián coa que mantén como compromiso prioritario o mantemento dos 2.000 postos de traballo directos e indirectos que xera a compañía. “Temos o compromiso de buscar con esta factoría dous obxectivos para conquerir un fundamental: o mantemento de 2.000 postos de traballo entre directos e indirectos”, remarcou.

“Quero trasladar a esta industria clave para Galicia e para España o compromiso da Xunta no que se refire ao gas, e no que se refire a todo aquilo que se precise para manter os postos de traballo. Sabemos que é unha infraestrutura e unha industria estratéxica para a economía galega e, tamén, desde o punto de vista laboral”, resaltou.

Segundo expuxo o presidente, o primeiro destes dous obxectivos é tentar conquerir que o gas chegue a esta factoría e que toda a dependencia de fuel que teñen na fábrica se substitúa polo gas. A tal efecto, precisou que a Consellería de Economía e Industria ten asinado xa coa factoría a primeira achega para facer uns tanques de autoconsumo que suporían “que o 8 por cento do consumo de gas estea dalgún xeito garantido a través do convenio da Xunta”, concretou.

Un gaseoduto directo

Así e todo, Feijóo considerou que esta medida “non é suficiente” posto que, segundo observou, sería necesario acadar “un gaseoduto directo que inxecte gas nas caldeiras de fuel na fábrica e, así, solucionar a dependencia do fuel nunha das dúas factorías”.

Para iso, sinalou que a Xunta ten intensificado as súas relacións coa propia factoría e co Ministerio de Industria, e expresou o seu desexo de que o Goberno galego poida obter unha resposta, previsiblemente en outono “para que o ministerio faga un calendario concreto para facer o gaseoduto e inxectar así o gas que precisa esta factoría”.

Así mesmo, manifestou que tamén “é necesario establecer un mecanismo de estabilidade nos prezos da enerxía eléctrica para facer a electrólise e, polo tanto, para manter garantidos os custes moderados de produción e, así, manter os postos de traballo”, incidiu.

O mandatario galego, que visitou hoxe por segunda vez a fábrica de Alcoa, cualificouna como “unha das mellores factorías de alúmina-aluminio do mundo” e “unha das factorías máis importantes desde o punto de vista industrial de Galicia” que, apuntou, “é clave para Lugo, xa que o 30 % do PIB de toda a provincia se produce aquí”.


Autor:Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
volver a notas remitidas

 

INTERDIX GALICIA, S.L (CIF B27256874) Registro Mercantil de LUGO ( TOMO 287, SECCIÓN 8, HOJA LU-6953, FOLIO 76 ) (correo electrónico) - tlfno : 902 190 387
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados
TEXTO LEGAL DE PROTECCION DE DATOS