11767 empresas en nuestra base de datos  -   
Buscador
DIRECTORIO  
ALTA DE EMPRESAS  
BAJA DE EMPRESAS  
MODIFICA EMPRESA  
ANUNCIOS B2B  
noticias 
notas de prensa 
camaras de com. 
conf. de emp. 
of. de servicios 
reg. de la propiedad 
reg. mercantil 
comercio exterior 
aduanas 
agencias comercio 
cámaras comercio 
oficinas comercio 
asociaciones 
colegios prof. 
profesionales 
empresariales 
sindicales 
cofradías pesca 
empleo 
empleo galicia  
calendario fiscal  
calendario laboral  
documentación  

Internet Galicia

Servicios, aplicaciones y desarrollos de Internet

GaliciaDigital



  | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z 
Notas remitidas

As liñas da converxencia tecnolóxica europea defínense coa 2014 Axenda Dixital

A Xunta aprobará a 2014 Axenda Dixital de Galicia que establece as liñas para que as TIC sexan unha peza clave na recuperación económica e define as políticas tecnolóxicas en converxencia coa estratexia europea.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu aos representantes do Clúster TIC, aos que informou da aprobación no próximo Consello do Goberno galego da 2014 Axenda Dixital de Galicia. Trátase do instrumento que establece o xeito no que as políticas tecnolóxicas respaldan e reforzan os eixos de actuación do Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 e co que a Administración autonómica afronta o reto da converxencia co novo mercado dixital.

A folla de ruta que establece 2014 Axenda Dixital de Galicia determina unha serie de obxectivos estratéxicos que pasan por crear emprego e riqueza, construír unha administración máis eficiente e próxima, capacitar aos cidadáns dixitalmente para o mercado global e dotar á Comunidade dunhas infraestruturas de telecomunicación modernas e sostibles.

En liña coa estratexia europea

2014 Axenda Dixital de Galicia dá resposta ás necesidades actuais e futuras recollidas nas principais estratexias tanto europeas como rexionais. En primeiro lugar, está aliñada coa Estratexia 2020, unha estratexia europea definida entorno a tres prioridades que se reforzan mutuamente: un crecemento intelixente baseado no coñecemento e a innovación; un crecemento sustentable que faga un uso máis eficaz dos recursos, que sexa máis verde e competitivo; e un crecemento integrador cun alto nivel de emprego, de produtividade e de cohesión social e territorial.

En segundo lugar, está en liña coa Axenda Dixital Europea, definida co obxectivo de lograr beneficios económicos e sociais sustentables a través das novas tecnoloxías, promovendo actuacións en diversos ámbitos: facilitando o acceso a internet e a súa utilización por todos os cidadáns europeos, especialmente mediante a alfabetización dixital, creando contidos dixitais e servizos en liña seguros, reforzando a solidez tecnolóxica de Europa en ámbitos clave, xerando redes de talento, fomentando a cooperación entre todos os axentes para competir en condicións óptimas, garantindo o carácter neutral e aberto de Internet, reutilizando a información e impulsando un mercado dixital único.

Finalmente, a primeira Axenda Dixital de Galicia está perfectamente aliñada co Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que aposta por un novo modelo de crecemento baseado na economía do coñecemento, a dinamización económica e a sostibilidade; pola redución da fenda dixital como elemento clave para a cohesión territorial e social; pola promoción do desenvolvemento tecnolóxico e da creación de empresas baseadas no coñecemento e a tecnoloxías; polo fomento das TIC e en definitiva, por facer de Galicia un lugar para vivir, traballar e investir a través das novas tecnoloxías.


Autor:Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
volver a notas remitidas

 

INTERDIX GALICIA, S.L (CIF B27256874) Registro Mercantil de LUGO ( TOMO 287, SECCIÓN 8, HOJA LU-6953, FOLIO 76 ) (correo electrónico) - tlfno : 902 190 387
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados
TEXTO LEGAL DE PROTECCION DE DATOS