11767 empresas en nuestra base de datos  -   
Buscador
DIRECTORIO  
ALTA DE EMPRESAS  
BAJA DE EMPRESAS  
MODIFICA EMPRESA  
ANUNCIOS B2B  
noticias 
notas de prensa 
camaras de com. 
conf. de emp. 
of. de servicios 
reg. de la propiedad 
reg. mercantil 
comercio exterior 
aduanas 
agencias comercio 
cámaras comercio 
oficinas comercio 
asociaciones 
colegios prof. 
profesionales 
empresariales 
sindicales 
cofradías pesca 
empleo 
empleo galicia  
calendario fiscal  
calendario laboral  
documentación  

Internet Galicia

Servicios, aplicaciones y desarrollos de Internet

GaliciaDigital



  | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z 
Notas remitidas

Arranca a oficina do InnovaTE coa incorporación de 20 profesionais da provincia

Gómez Besteiro inaugurou o local, situado na rúa da Raíña, e creado pola UTE encargada da implantación da administración electrónica na provincia. A través deste centro de traballo, realizaranse novas contratacións a empresas locais, o que vai a permitir crear máis postos de traballo no eido tecnolóxico.


O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro inaugurou este mércores a oficina do InnovaTE, creada pola UTE de empresas Mnemo-Software-AG-Fujitsu, que resultou adxudicataria do programa tecnolóxico co que a Deputación ofrece unha solución integral á implantación da administración electrónica nos Concellos da provincia, dotándoos de banda longa e converténdoos en sedes electrónicas.

Gómez Besteiro subliñou que “hoxe damos un paso máis para seguir avanzando na implantación das novas tecnoloxías na provincia. Todo isto de nada servirá se a Xunta de Galicia non dota á provincia da banda longa necesaria para que cubra a todo o território, se non o que estaremos facendo é crear veciños de primeira e de segunda: de primeira os que están na capital e, de segunda, aqueles que viven máis afastados e non teñen a posibilidade de facelo. Isto sí que será unha verdadeira fenda para os veciños. De aí este esforzo que facemos de 9 millóns de euros para entrar na administración aberta as 24 horas e os 365 días do ano. A Xunta, que xa asinou os convenios co Ministerio, ten que aplicarse para que empece o despregue da rede. Isto si que sería un compromiso do goberno galego con esta provincia”.

Pola súa banda, o Alcalde subliñou “esta é unha realidade que permite poñer á provincia no lugar que lle corresponde. No Concello de Lugo estamos metidos nun proxecto semellante e xa chegamos a varias escolas rurais. Isto é imprescindible ó igual que o foi o descubrimento da imprenta para que a provincia de Lugo e a cidade deixen de estar á cola. Neste momento de incertidume económica a rede é indispensable para o crecemento da cidade e da provincia”.

Un dos obxectivos do programa tecnolóxico, dotado con 9 millóns de euros, e que debe cumprir a empresa que resultou adxudicataria do proceso no que competiron as firmas máis importantes do país, era a promoción económica da provincia, a través da creación de emprego coa incorporación de persoal cualificado. Deste xeito, para o funcionamento deste centro de traballo a UTE xa incorporou a 20 profesionais da provincia do sector das TICs, “e seguirá realizando novas contratacións a empresas locais, o que vai permitir seguir creando novos postos de traballo no eido tecnolóxico”, apuntou Besteiro.

O centro de traballo sitúase na rúa da Raíña, número 12, 2ºB, e servirá de base para as operacións que desenvolve a UTE, converténdose no emprazamento de referencia da provincia tanto do persoal que se ten que desprazar para a execución do proxecto como do que se siga contratando dentro deste programa nos vindeiros meses.

Durante o transcurso do acto proxectouse un dos vídeos promocionais do Innova-TE elaborado pola Fundación TIC, no que unha veciña de Gutiriz explica o sinxelo e rendible que resulta poder xestionar trámites coa administración a través da Internet para aforrar cartos e tempo. No acto de inauguración, ademais do Presidente da Deputación e do Alcalde de Lugo, tamén participaron outras autoridades como a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e representantes dos Sindicatos.

Centro Virtual de Asesoramento Empresarial

A UTE adxudicataria do programa tecnolóxico tamén creará un Centro de Asesoramento Empresarial no Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES). Entrará en funcionamento no mes de xullo e será unha plataforma única na que se informará e resolverán dúbidas da administración electrónica a emprendedores, cidadáns ou traballadores. Este asesoramento será multicanal, é dicir, as consultas poderán facerse de forma presencial, vía telefónica ou por internet.

Para a posta en marcha deste centro, Mnemo-Software-AG-Fujitsu xa contratou a dous profesionais cualificados que se encargarán de formar a tres traballores do organismo dependente da Deputación para que unha vez que o conxunto de empresas conclúa a implantación da eadministración, dende a Deputación se poida seguir prestando este asesoramento e resolvendo todas as dúbidas que lles poidan xurdir ós cidadáns á hora de realizar coa Deputación e cos 66 Concellos os 120 procedementos que ofrece o InnovaTE.


Autor:Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo
volver a notas remitidas

 

INTERDIX GALICIA, S.L (CIF B27256874) Registro Mercantil de LUGO ( TOMO 287, SECCIÓN 8, HOJA LU-6953, FOLIO 76 ) (correo electrónico) - tlfno : 902 190 387
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados
TEXTO LEGAL DE PROTECCION DE DATOS